martes, 11 de febreiro de 2014

Unha vez máis compartimos unha interesante iniciativa, na que alumnos galegos de primaria participan na gravación dun videoclip musical. Neste caso da man do grupo ourensán "O Sonoro Maxín" 

luns, 20 de xaneiro de 2014


Celtic Roots: unha preciosa experiencia educativa.


Xosé Manuel Budiño está presente nun proxecto educativo, desenvolvido coa colaboración de tres escolas (galega, inglesa e irlandesa), no que os cativos cantan temas tradicionais cunha mesma raíz, con "Celtic Roots".

O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

Botádelle un ollo a este vídeo!!

Celtic roots