luns, 20 de xaneiro de 2014


Celtic Roots: unha preciosa experiencia educativa.


Xosé Manuel Budiño está presente nun proxecto educativo, desenvolvido coa colaboración de tres escolas (galega, inglesa e irlandesa), no que os cativos cantan temas tradicionais cunha mesma raíz, con "Celtic Roots".

O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

Botádelle un ollo a este vídeo!!

Celtic roots